Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Máis de cen persoas visitaron o edificio do tanatorio municipal de Zas

O Concello organizou unhas xornadas de portas abertas para que a veciñanza poidese ver as instalacións // O investimento superou os 454.000 euros

Era unha das obras máis demandadas pola veciñanza nos últimos anos e así o demostrou a cantidade de veciñas e veciños que se achegaron a coñecer as intalacións do tanatorio municipal de Zas durante as xornadas de portas abertas que se realizaron estes días. En total, algo máis de 125 persoas xa visitaron o edificio.

No pleno celebrado o pasado venres, aprobouse unicamente cos votos a favor dos concelleiros do BNG, a ordenanza municipal e o regulamento para a xestión do tanatorio, un dos trámites administrativos necesarios para a súa posta en funcionamento. O servizo terá unha tarifa única de 350,57€.

A construción destas instalacións e a xestión de todos os trámites administrativos foi un dos grandes retos do equipo de goberno de Manuel Muíño (BNG). O alcalde apunta que a cantidade de veciñas e veciños que se achegaron a coñecer estes días as instalacións pon de manifesto a importancia deste servizo “básico e necesario para o noso municipio e co que se dá resposta a unha histórica demanda veciñal”.

O tanatorio municipal de Zas é un edificio pioneiro na comarca que conta cunha planta única de máis de 330 metros cadrados útiles distribuídos en dúas salas de velación completamente equipadas. O Concello destinou un total de 454.484,94€ a este proxecto financiado na súa totalidade con fondos municipais, sen necesidade de recorrer a ningunha subvención.

25 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.