Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Máis mobilizacións dos empregados de Xallas Electricidad

Concentraranse o venres diante do concello de Cee // Demandan de novo o respaldo da Xunta

Os traballadores de Xallas Electricidad y Aleaciones (Xeal) retomarán este venres, día 15 ás 19.00 horas, as mobilizacións semanais cunha nova concentración diante do Concello de Cee, “en defensa do futuro industrial da comarca e do mantemento de todos os postos de traballo”, aseguran dende o comité.

Unha decisión que veñen de tomar despois de que a empresa presentase un recurso de casación diante do Tribunal Supremo contra a decisión do Tribunal Superior Xustiza de Galicia (TSXG) que avalou o acordo de Augas de Galiza polo que, en atención ao fixado nas cláusulas das concesións de explotación, se denegou a empresa a autorización para segregar as actividades de ferroaliaxes da produción eléctrica.

“Evidénciase, unha vez máis, que o verdadeiro interese de TPG-Ithaka (o fondo que mercou as antigas factorías de Ferroatlántica de Costa da Morte) está no substancioso negocio enerxético, pois mentres as fábricas sofren un progresivo deterioro por falta de investimento e o recorte drástico das capacidades produtivas, a empresa non escatima esforzo na batalla para conseguir a segregación das centrais”, engaden

Din que “das boas palabras coas que a actual dirección desembarcou na Costa da Morte, o único que hai a día de hoxe son fornos sen actividade, falta de mantemento e de investimento, perda de postos de traballo e unha clamorosa ausencia dun plan industrial”, sinalan.

A este respecto aseguran que a empresa non está suplindo as xubilacións que se producen, tanto por idade como por incapacidade.

O comité de empresa vén de solicitar unha nova reunión coa Consellería de Economía, Empresa e Innovación, “posto que transcorrido un ano e medio da venda seguimos sen coñecer o plan de viabilidade ao que obrigan as cláusulas das concesións, malia que xa lle foi requerido pola Xunta á empresa hai meses”. Insisten en que a vinculación de actividades “é a mellor garantía para manter os postos de traballo”.

13 ene 2021 / 17:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.