Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

María Canosa asinará os seus libros na Feira de Madrid

Cee. A escritora ceense María Canosa viaxará esta fin de semana á capital de España para participar na Feira do Libro de Madrid. A autora asinará as súas obras e compartirá experiencias cos seus lectores na caseta 215 o sábado, día 18, de 19.00 a 21.00 e o domingo, día 19, de 11.30 a 12.30 horas.

María Canosa ten publicadas numerosas obras, moitas delas para o público infantil e xuvenil. Unha das últimas foi álbum ilustrado que leva por título Quero saír!, que ten como protagonista a unha nena que vive o confinamento.

A obra, publicada por Edicións Embora, fala da necesidade que temos de quedar na casa e usar as medidas de protección para poder facer fronte á pandemia. Está ilustrada por Andrea Estévez. J. M.

15 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.