Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Medio cento de voluntarios de Protección Civil garantiron a seguridade na Barca

Case cincuenta efectivos de Protección Civil velaron o pasado domingo para que a romaría da Barca de Muxía fose “a máis segura que se recorda”, segundo destacou o presidente da Asociación Cultural Romaría da Virxe da Barca e coordinador dos voluntarios, Ramón Pérez Barrientos.

Os voluntarios e voluntarias, chegados desde varios puntos da provincia, controlaron en todo momento que se cumprira co estrito protocolo anticovid garantindo a seguridade de todas as persoas asistentes. Así, os festexos simbólicos programados “foron unha realidade tras a avalancha de doazóns e xestos altruístas que se realizaron durante os días previos”, engadiu.

“A Romaría da Barca levámolo dentro de nós. É unha celebración declarada de interese turístico nacional e a Virxe da Barca é o emblema de Muxía, o noso buque insignia para poñer ao noso pobo no mapa. Estamos moi orgullosos de ter colaborado este ano na celebración e esperamos que a Virxe nos axude a saír desta situación e desta pandemia”, destacou Barrientos.

Na mesma liña, o alcalde, Iago Toba, quixo pór en valor “o gran traballo realizado por unha asociación exemplar como é a de Protección Civil de Muxía. Estou tremendamente orgulloso da unión e a demostración de valores e respecto amosada pola veciñanza nunha situación tan complexa como a que estamos a vivir. Será unha celebración que quedará para a historia”, concluíu.

15 sep 2021 / 19:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.