Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mellora e ampliación da rúa Gándara da Osa na capital de Soneira

Dotarán á vía dun novo firme e habilitaranse zonas de aparcamento e beiravías para peóns

Vimianzo. O Concello de Vimianzo investirá máis de 200.000 euros no proxecto de mellora e ampliación da rúa Gándara de Osa da capital municipal. Os traballos centraranse no tramo comprendido entre a estrada AC-552 e o cruce de Sansobre.

Dotarán a referida vía dun novo firme, ensanchándoo de xeito que quede composto por dous carrís de circulación con zona de aparcamento e beiravía peonil nunha das marxes e nun dos tramos. Ademais, renovarán as instalacións de evacuacións de augas pluviais e tamén a rede de alumeado público.

No proxecto tamén se plantexa o soterramento do cableado en dous dos tramos de actuación, así como a construción dunha beiravía peonil no segundo tramo, a partires do primeiro cruce. Realizarán tamén o recrecido de arquetas e bocas dos outros servizos existentes na zona.

Desde o grupo de goberno (PSOE), que preside Mónica Rodríguez, advírtese da “relevancia destes traballos, que se suman a outros que xa están en execución ou en proxecto de comezar nun breve prazo de tempo, e que servirán para mellorar as conexións dos núcleos de Vimianzo, así como para dotar de mellores servizos á veciñanza. Seguimos neste camiño para mellorar todo o noso municipio e as catorce parroquias que o integran”, sinalan. M. L.

14 nov 2020 / 17:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.