Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melloras do pavimento en tres estradas de Cereixo e Carnés, no Concello de Vimianzo

Tamén foron acondicionadas varias pistas en Treos, Colúns e Carnio e o camiño que da acceso ao conxunto de petróglifos de Boallo, na parroquia de Berdoias

O Concello de Vimianzo, dentro do POS da Deputación da Coruña, executou a mellora da pavimentación en varias vías das parroquias de Cereixo e Carnés. Concretamente, foron tres actuacións: no vial que une a Devesa e A Casiña, o que vai de Moreira a Tufións e o de Carnés a Vilar.

Previamente a esta actuación, o firme presentábase en zahorra, e despois da mesma será de riego, o que favorecerá o tránsito de maquinaria agrícola e a conservación da mesma, debido a que en época de moita chuvia a constitución neste material fai máis sinxelo evacuar a auga, evitando así situacións de perigo para peóns e condutores.

Segundo aporta o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, é unha “prioridade” para o executivo non só mellorar as conexións interparroquiais, senón “favorecer a conservación destas vías e incrementar a seguridade da veciñanza”. Avanza ademais que “ben sexa con fondos propios ou a través de axudas e subvencións, continuaremos coa nosa tarefa: mellorar a rede de infraestruturas do concello”.

Asemande, o Concello vimiancés vén de executar a mellora en varios tramos da pista que conecta Treos con Colúns, e tamén no que va cara a Carnio. Foi posible grazas a unha subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Tamén se realizaron estes traballos na pista que dá acceso aos petróglifos de Boallo.

As melloras consistiron na aplicación de zahorra no firme, optimizando así as posibilidades de circulación pola mesma tanto a vehículos como maquinaria agrícola de mediana e grande dimensión; leváronse a cabo tarefas de roza nas cunetas, as cales tamén se perfilaron; instaláronse novas canalizacións e entubouse o sistema de augas para un mellor servizo.

20 jun 2021 / 10:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.