Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Milleiros de comensais na Festa do Congro de Muxía

Muxía. A XXIV Festa do Congro de Muxía tiña todos os ingredientes para converterse nunha cita moi especial, e así foi. A primeira exaltación gastronómica da Costa da Morte tivo ademais un carácter reivindicativo en defensa dos secadoiros de congro do municipio. A celebración, que tivo lugar o Venres Santo, comezou coa degustación do congro en diferentes especialidades no porto de Muxía, onde se deron cita milleiros de persoas para desfrutar “da máis multitudinaria Festa do Congro que ser recorda ata a data”, afirman dende o Concello.

A xornada gastronómica estivo amenizada polo grupo musical Xaramiños do Corpiño e despois o público gozou na sesión vermú ao ritmo do Dúo Charada. Na quenda vespertina, os milleiros de persoas bailaron e gozaron coas actuacións en directo de El Combo Dominicano e, posteriormente, ca discoteca móbil Mega CDC. Este sábado o paseo foi escenario doutra concurrida degustación de mexillóns. M. L.

16 abr 2022 / 12:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.