Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Millón e medio de euros para obras e outras actuacións no rural de Muxía

Entre as melloras que se atopan en fase de licitación está o abastecemento a Suxo

Muxía. O Concello de Muxía continúa coa súa aposta por mellorar a calidade de vida da veciñanza do rural e investirá máis de millón e medio de euros en obras e acondicionamentos. Así, o goberno local está a executar na actualidade obras por valor de máis de 500.000 euros, como as realizadas en Pasantes-Morpeguite (158.000 euros); o parque de Suxo (80.000 euros); melloras en Buiturón (39.085 euros); actuacións en Vilastose (25.500 euros); melloras en Figueiras (15.000 euros); obras en A Grixa (29.000 euros) e acondicionamentos en Vilarvello e Morquintián (39.500 euros).

Ademais, o executivo ten en proceso de licitación intervencións por valor de máis dun millón de euros, como son as referidas no núcleo de Vilardeouteiro por máis de 200.000 euros, o vial de Suxo - Pardiñas por valor de 80.000 euros, ou a creación da rede de abastecemento de auga potable en Suxo, entre outras.

O alcalde Iago Toba, destacou que “este executivo segue a demostrar con feitos e realidades o seu compromiso firme por mellorar a calidade de vida de veciñanza de Muxía. Un millón e medio de euros que se verán reflexados en importantes actuacións por todo o municipio”.

Por outra banda, este sábado ás 19.00 horas, darase o pistoletazo de saída das actividades de Nadal co acendido das luces no paseo marítimo, que se complementará co espectáculo de sons, lume e acrobacias A luz da lús. Ademais os asistentes serán convidados a degustar, de balde, chocolate con churros. M. L.

03 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.