Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 03 julio 2022
02:23
h

Mostra itinerante de antas da Costa da Morte no centro sociocultural de Baio

zas. O Centro Sociocultural de Baio acolle a mostra itinerante As antas da Costa da Morte, cedida polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom). A exposición está composta por vinte paneis a través dos cales se realiza un percorrido polos principais monumentos fúnebres do megalitismo que se atopan na Costa da Morte, entre os que están Pedra Vixía, Arca da Piosa, Pedra da Arca, Pedra da Moura, Pedra Cuberta e Dombate, ademais doutros.

A mostra ten a súa orixe no libro titulado Polas antas e mámoas da Costa da Morte, de Xosé María Lema Suárez. Pode visitarse de martes a venres, en horario de 15.30 a 20.30 horas, e os sábados de10.00 a 14.00 horas. M. L.

21 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.