Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mouzo sinala que todo o comité apoiou a denuncia pola venda das factorías de Xeal

Fixo pública a acta asinada por todos os integrantes // Cualifica de “calumnias” o comunicado das seccións sindicais CGT, USO e UGT

O presidente do comité de empresa de Xeal, Alfonso Mouzo, cualifica de “calumnias” o comunicado feito polas seccións sindicais CGT, USO e UGT no que dicían descoñecer a denuncia penal que vai presentar o órgano que representa os traballadores para que se esclareza a venda das fábricas de Cee e Dumbría por parte de Ferroatlántica.

Mouzo Trillo fixo pública a acta de acordo para a interposición da referida denuncia, a cal “foi asinada por todas e todos os integrantes do comité, e facúltanme ademais para outorgar o poder a avogados e procuradores”. Di lamentar “profundamente” verse na obriga de facer pública a acta e advirte que emprenderá “todas as accións legais que considere oportunas ante as calumnias da nota difundida, xa que queda claro que todas as seccións sindicais teñen coñecemento da interposición da demanda, tratouse no seo do comité, foi acordada por unanimidade dos integrantes e non se deu uso ilícito de ningunha clase da identidade do comité”.

Recalca ademais que o pleno do comité “tamén tiña coñecemento, primeiro do borrador da nota de prensa que se enviou aos medios pola interposición da demanda, ao cal non se propuxeron modificacións por ningunha destas seccións sindicais, e ao día seguinte, da confirmación da nota que finalmente foi enviada aos medios”. Polo tanto, engade, “son as seccións sindicais de CGT, USO e UGT as que deben explicar a que se debe esa nota e deixar claro dunha vez por todas se están a defender os intereses dos traballadores de Xeal ou algún outro que descoñecemos”.

05 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.