Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Muxía adicará máis de setenta mil euros a axudar ás empresas locais

Muxía. O Concello muxián adicará 74.579,73 euros ás axudas de autónomos e microempresas do municipio, ao amparo do programa PEL Reactiva da Deputación da Coruña para municipios de menos de 50.000 habitantes.

A administración local aportará un total de 14.915,95 euros, e o restante (59.663,78 €), serán aportados pola entidade provincial. Dende o goberno local aseguran que xa están a traballar nunha modificación orzamentaria para darlle traza a esta liña de axudas ao tecido empresarial.

O obxectivo, segundo o alcalde, Iago Toba, é paliar a crise xerada pola Covid-19 no sector das microempresas e autónomos, “un dos máis castigados pola pandemia”.

Lembra que o pasado mes de agosto a Deputación puxo en marcha esta iniciativa que suporá “duplicar o investimento que a entidade provincial realiza en materia de emprego para o ano 2020, e púxemonos mans á obra”.

Asegura Toba que “temos que estar ao carón da veciñanza e como responsables públicos así o faremos”. Iniciativas similares están en marcha tamén noutros concellos da contorna. J. M. R.

17 sep 2020 / 19:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.