Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Muxía amplía ata o día 26 o prazo para inscribirse na Festa dos Maiores

O Concello de Muxía amplía o prazo de inscricións para a Festa dos Maiores que terá lugar o vindeiro 28 de maio debido a alta demanda de peticións rexistrada nos últimos días. As persoas que o desexen, poderán anotarse ata dous días antes, o xoves 26. “Facémolo así porque cadraron dous festivos, as Letras Galegas e Santa Rita, polo que cremos xusto ampliar o prazo”, destacou o rexedor, Iago Toba, quen anuncia “máis sorpresas a esta amplia programación ó longo da vindeira semana”.

Tras dous anos de parón pola emerxencia sanitaria da Covid, Muxía volverá celebrar a Festa dos Maiores, sendo a primeira vez que este equipo de goberno organice esta festividade. As persoas maiores que desexen acudir tan só deberán retirar as súas entradas presentando o seu DNI na oficina que estará habilitada na 3ª planta da Casa do Concello, en horario de 10.00 a 13.00 horas.

Os actos comezarán ás 11.00 cunha misa cantada pola Coral Polifónica Virxe da Barca no Santuario da Barca, e ás 14.00 horas terá lugar o xantar no pavillón polideportivo (o acceso ao recinto estará aberto a partir das 13.30 horas). O grupo de musica tradicional Xaramiños do Corpiño amenizará a entrada dos comensais no recinto e tras o xantar, a artista galega Pili Pampín ofrecerá un concerto. A festa continuará coas actuacións do grupo Élite e Manolo Delfín.

21 may 2022 / 19:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.