Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Muxía creará un servizo de recollida de plásticos e un punto móbil

Serán de balde para os veciños e o Concello mercou para tal fin un camión con pluma

Muxía. Ampliar os servizos de recollida e tratamento de residuos é un dos obxectivos do goberno municipal de Muxía, e con tal fin o Concello vén de adquirir un novo camión-pluma.

Un vehículo que empregarán para prestar o servizo de punto limpo móbil, e facilitar así o depósito de residuos voluminosos aos veciños e veciñas. Ademais, o Concello creará un servizo de recollida de plásticos agrícolas. Farano trimestralmente e irá complementado cunha campaña de concienciación da reciclaxe e de servizos nas distintas parroquias.

Os dous servizos serán de balde. A adquisición do camión foi posible gracias á xestión dunha subvención da Xunta de Galicia, que aporta o 70% do custe, mentres que o Concello deberá facerse cargo do 30% restante.

O alcalde muxián, Iago Toba; o concelleiro de Medio Rural, Javier Romar, e o representante da empresa subministradora, participaron este luns no acto de entrega do camión.

O concelleiro asegurou que queren que o servizo de recollida de plásticos agrícolas “sexa unha referencia pola súa gratuidade” e ademais destacou que é unha iniciativa “integramente municipal para seguir coidando o noso municipio”.

Pola súa banda, o Concello de Carballo habilitou un punto de recollida libre de material estruturante para composteiros individuais. Está ubicado xunto ao punto limpo, no polígono industrial de Bértoa. Queren así facilitar a labor de compostaxe. J. M. r.

14 dic 2020 / 19:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.