Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Muxía deberá esperar pola FP dual de restauración

Muxía. A FP Dual en Servizos en Restauración non se implantará finalmente en Muxía o vindeiro curso 2022/2023. Despois dunha entrevista co secretario xeral de Educación, José Luis Mira

Lema, “a dirección do IES Ramón Caamaño foi informada de que a oferta educativa para os ciclos de grao medio na rama de hostalaría se considera suficientemente cuberta e, polo tanto, non hai necesidade de implementar un ciclo medio destas características na nosa comarca”, afirma Pilar Mirón, directora do instituto.

Dende o IES Ramón Caamaño queren agradecer “o inmenso apoio recibido polo sector hostaleiro, que se comprometeu co proxecto desde o comezo”. Lembran que o centro conta con instalacións que poden acoller esta ou outras familias profesionais, polo que seguirán a traballar na mellora da oferta educativa.

O pasado 17 de novembro celebrarase unha xuntanza no centro muxián con representantes das empresas de hostalaría da zona para definir un plan de actuación. Naquel encontro os hostaleiros expresaron o seu compromiso firme de contratación e formación do alumnado, e tamén se brindaron a colaborar para cubrir as necesidades do proxecto. M. LAVANDEIRA

30 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.