Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Muxía impulsa o programa Vida Activa para previr problemas de memoria nos maiores

Muxía. A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Fisterra e Soneira (Afafes) e o Concello de Muxía veñen de firmar un acordo para poñer en marcha o programa de Vida Activa para previr os problemas de memoria nos seus maiores, “así como para mellorar o seu benestar emocional e axudar a entablar novos lazos sociais e afectivos”, aseguran.

Trátase dunha actividade pensada para maiores de 60 anos, os cales deben inscribirse previamente chamando ao número de teléfono 981 742001. Desenvolverase os luns en Muxía, de 9.45 a 11.15 horas, e de 11.30 a 13.00 horas nos Muíños; os martes de 10.00 a 11.30 en Quintáns; os xoves, de 9.30 a 11.00 en Senande e de 11.15 a 12.45 no lugar de Frixe. As actividades estarán coordinadas por profesionais especialistas na materia de Afafes.

Dende o Concello aseguran que levaranse a cabo baixo unhas estritas medidas de seguridade. Manteranse as distancias interpersonais e realizaranse desinfeccións periódicas, sendo obrigatorio sempre o uso de máscara sanitaria de todos os participantes.

O alcalde de Muxía, Iago Toba, destaca “a relevancia de impulsar estas actividades nun momento como este, no que a soidade pode ser un elemento protagonista na vida cotiá de moitas e moitos veciños”.

No goberno local están “seguros de que repercutirán moi positivamente na calidade de vida das persoas que se animen a participar neste programa de Vida Activa”, engadiu o rexedor. M. LAVANDEIRA

27 oct 2020 / 18:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.