Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Muxía instala un Punto Xacobeo para peregrinos

MUXÍA. Nos próximos días, o Concello de Muxía contará cun Punto Xacobeo onde os turistas e peregrinos poderán atopar información relacionada co Camiño e coas actividades do Xacobeo. A caseta estará colocada na oficina de turismo municipal. Alí expediranse as “muxianas” e os visitantes poderán facerse fotos cos obxectos expostos. “Temos preparadas un gran número de muxianas para repartir, ante a previsión do éxito que ten Muxía como marca de calidade e como destino final do Camiño neste ano” avanza o alcalde, Iago Toba. Tamén se colocarán bandeirolas con motivos xacobeos ao longo do trazado, por iniciativa da Xunta. “Muxía está preparada para recibir aos camiñantes e turistas nun ano no que se levaron a cabo a apertura de albergues de calidade e novidosos no concello” sinala. O municipio acolle distintas actividades, como o concerto Vilancicos de Galegos deste sábado (20.30 h) no Santuario da Virxe da Barca. x.m. lema

30 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.