Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Muxía inviste 400.000 euros en obras demandadas polos veciños

    Muxía. O Concello de Muxía continúa traballando na mellora da rede viaria e das infraestruturas ao longo de todo o municipio e publicou a licitación pola que investirá preto de 380.000 euros que irán destinados á execución de catro obras moi demandadas pola veciñanza e que son un antigo anhelo do executivo.

    Os traballos servirán para acondicionar a instalación deportiva de Suxo, cun orzamento de máis de 85.000 euros; para o abastecemento de auga a Morpeguite e Os Pasantes, cun orzamento de máis de 158.000 euros; para a mellora da rede de saneamento e dos servizos pluviais a Frixe, cun orzamento de máis de 93.000 euros; e para acondicionar un vial en Senade –Trasufre, por valor de 41.000 euros. Ademais, o vindeiro venres, o equipo de goberno tamén proporá en pleno o investimento de preto de 400.000 euros en diferentes viais”. m.b.

    15 mar 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.