Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 23 octubre 2020
02:00
h

Muxía propón á Xunta trasladar a escola da rede da Galiña Azul

Iago Toba reuniuse co xerente do Consorcio e propúxolle un espazo que están rehabilitando

Muxía. O alcalde de Muxía, Iago Toba, e os concelleiros Olalla Benlloch e Javier Romar, mantiveron onte unha reunión co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e coa xerente adxunta, Carmen García, para estudar a posiblidade de trasladar a escola infantil da rede A Galiña Azul.

“Consideramos que tanto a ubicación como o edificio actual da escola non cumplen coas necesidades básicas das crianzas. É unha problemática que leva máis de 12 anos sen atopar solución”, afirma o rexedor muxián. Valora moi positivamente “o entendemento mutuo entre ambas partes para levar a cabo este proxecto”. Así, desde o Consorcio Galego transmitíronlle o compromiso para “trasladar un equipo técnico ata Muxía e analizar con detemento a viabilidade”.

O obxectivo, segundo a Consellería de Política Social, é consolidar as 20 prazas coas que conta a escola, xa que as novas instalacións, nun espazo que está rehabilitando o Concello, permitirán unha mellora notable das condicións nas que se presta o servizo, co obxectivo de facilitar a conciliación das familias do municipio. Actualmente, a escola conta cunha matrícula de 16 nenos e nenas, e ocupa un local de alugueiro. M. R. L.

16 oct 2020 / 20:39
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.