Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Muxía renova o pavimento e saneamento da rúa Pedriña

Muxía. O Concello de Muxía comezará nas vindeiras semanas as obras de mellora na pavimentación e a instalación de saneamento da rúa Pedriña. Os traballos adxudicaranse nos vindeiros días a unha empresa local, tras as xestións levadas a cabo polo grupo de goberno para resolver os problemas de financiación e de permisos. “A importante intervención será unha realidade pronto”, afirma o concelleiro de Obras, Javier Romar.

A zona de actuación, unha das poucas rúas do núcleo muxián que non tivo melloras en décadas, “contará cunha posta a punto moi necesaria, que repercutirá en gran medida na mellora do día a día da veciñanza da zona”, engade. Esta mércores, xunto co alcalde, Iago Toba,visitaron as demarcacións nas que se levarán a cabo os traballos.

“Con esta medida construtiva resólvese un problema importante de saneamento, ademais de aportar solución ao mal estado do pavimento da zona”, destacou Romar.

Na mesma liña, Toba enfatizou “a importancia destas intervencións tan demandadas pola veciñanza, nunha nova mostra de que este equipo de goberno traballa a diario para mellorar os servizos e a calidade de vida dos veciños e veciñas de Muxía”. J. M.

21 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.