Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Muxía repartirá o ‘Recetario do Botrato’ aos participantes no plan ‘Cociñando Relacións’

Muxía. O Concello de Muxía fará entrega do Recetario do Botrato como colofón ao proxecto da Administración local xunto ao Centro de Información á Muller para promover a igualdade Cociñando Relacións.

Esta iniciativa naceu para proporcionar un achegamento á temática da igualdade de oportunidades á mocidade, mulleres e homes; para analizar os procesos de socialización como factor determinante da creación das identidades de xénero; para achegar novas formas e modelos de desenvolvemento persoal e social e para ofrecer espazos de encontro para compartir vivenzas persoais en clave de igualdade.

“O que se pretendía era intervir coa veciñanza a través de tres actuacións diferenciadas, pero cun obxectivo común: a promoción da igualdade”, aseguran. E como finalización da mesma, entregarán a axenda a todas as persoas que participaron no proxecto, onde se ven plasmadas as imaxes e reflexións de todas e todos os participantes.

A concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch, sinala a “exitosa convocatoria que tivo este programa, e as portas quedan abertas á celebración dunha nova edición”.

Insiste na “relevancia de levar políticas de fomento da igualdade ás rúas para dotar de mecanismos á sociedade para que exista unha posibilidade real de reverter esta situación”, e recalca que “é moi importante propiciar un espazo de encontro o máis igualitario posible, e isto tan só podemos conseguilo a través da corresponsabilidade e a solidariedade no fogar”.

22 dic 2020 / 19:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.