Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 20 octubre 2021
02:00
h

Nace QPCtv, a nova televisión da Costa da Morte

Ofrecerá reportaxes sociais, culturais e festeiras pero o fío condutor será o fútbol comarcal // Estrearase o domingo coa emisión do partido Corme SD e Soneira SD

O vindeiro domingo, 17 de outubro, botará a andar QPCtv.gal, unha plataforma dixital con contidos audiovisuais exclusivos para a Costa da Morte que nace da man do diario Quepasanacosta e a produtora SensorMedia. Os suscritores poderán desfrutar de reportaxes sociais, culturais ou festeiras, pero o fío condutor será o Fútbol da Costa, “todo un axente social que trascende o mero deporte e sempre se converte en impulsor de iniciativas innovadoras, como o carrusel tecnolóxico de www.futboldacosta.com ou os albumes de cromos comarcais.

Este domingo terá lugar a primeira retransmisión en directo da historia dun partido das Ligas da Costa en directo. Será o que disputen no campo do Cairo o Corme CF e o Soneira SD, e que abre a temporada na Primeira Galicia. Emitirase en aberto a través da ligazón qpctv.gal. Unha emisión profesional cun despregue de medios que consta de catro cámaras, realización, grafismos, locutor, comentaristas, humoristas...

O choque comezará as 17.00 horas pero dende as 16.30 xa conectarán en directo co locutor Antón Lestón, os comentaristas Alberto Pose e Óscar Leis, o humor do Dúo Minúsculo, e todo o equipo de produción.

Plataforma de pago

A partir da vindeira semana, a plataforma será de pago, e os interesados poderán sucribirse en qpctv.gal a partir de 4 euros ao mes, tendo asegurado, polo menos, a cobertura en directo dun partido da primeira, segunda e terceria Galicia da Costa cada semana, ademais doutros contidos.

O proxecto nace gracias á colaboración das casas comerciais Suministros Lar, Productos Cárnicos Domínguez, Estación de Servizo Bazarra, Rural As Eiras, Hotel O Semáforo de Fisterra e o Hotel Faro de Lariño, e Roberto Mouro Seguros Reale Baio-Santa Comba.

14 oct 2021 / 20:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.