Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Negocian para recuperar o servizo de práctico no porto comercial de Cee

Cee. Portos de Galicia, segue a traballar na procura dun acordo que permita a prestación do servizo de practicaxe nos portos de Cee, Laxe e Corcubión. Con esta finalidade, a súa presidenta, Susana Lenguas, mantivo unha reunión coa directora corporativa de Xeal, María Couto, –empresa operadora no porto de Cee e principal usuaria do servizo– e coa profesional que está en condicións de prestar o servizo –a práctica habilitada– así como coa empresa consignataria dos buques.

Afondaron nos condicionantes de todas as partes para poder pechar a contratación dun servizo indirecto que sería prestado por operadores privados. A presidenta de Portos de Galicia insistiu en que a Xunta está a facer “as xestións pertinentes e a traballar da man da empresa Xeal para garantir a prestación deste servizo portuario en Cee”.

Pola súa banda, este martes, a portavoz de pesca do grupo socialista, Patricia Otero, denunciou no Parlamento que o práctico substituto que propón Portos de Galicia “é un parche” e esixiu que se manteña o servizo como ata agora. Lembra que os grupos da oposición xa avisaron hai máis dun ano de que se podería quedar sen servizo, debido á xubilación do anterior práctico. Asegura que a proposta de contar cun substituto que cubra as zonas de Cee, Cariño, Celeiro, Burela o Ribadeo é algo “sen lóxica”, como o feito de esixir que os barcos de Costa da Morte “avisen con 48 horas de antelación”. A este respecto, preguntase como se pode facer isto “cando sufran unha varía ou un sinistro. Estamos tolos, non?”.

14 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Mar
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.