Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Noite máxica ó carón dos petróglifos do val de Vimianzo

terra de soneira. O Concello de Vimianzo impulsou unha das actividades máis especiais do ano, a Noite de petróglifos, que xuntou o venres a un nutrido grupo de persoas apaixoadas do patrimonio e a historia.

Tratouse dunha andaina circular de 4,4 quilómetros con saída e chegada na praza do Concello, que contou con guías de excepción, como o xove vimiancés David Roget, descubridor de boa parte dos gravados, e varios membros do Colectivo A Rula. A luz das lanternas permitiu ós asistentes ver os petróglifos con todo luxo de detalles. Visitaron o conxunto de gravados de Somontemio, a Cruz do Loureiro e o Prado da Cruz.

Por outra banda, o Concello vimiancés vén de presentar tamén o programa de estimulación cognitiva Actívate 2022-2023: Terapia integral para maiores de 60. Trátase dun compendio de actividades deseñado polo departamento de Servizos Sociais para traballar a memoria, as funcións executivas, orientación, linguaxe e habilidades visoespaciais.

Haberá grupos en Baíñas, Bamiro, Berdoias, Calo, Cambeda, Carantoña, Carnés, Castrelo, Cereixo, Cures, Salto, Serramo, Tines, Treos e Vimianzo, sempre que se acade un mínimo de 10 persoas. Dará comezo o 17 de outubro e finalizará o 31 de maio. As persoas interesadas poden anotarse no concello ou chamando ao teléfono 981 707 426. J. M. R.

25 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.