Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Noites de cine ao aire libre este verán en todas as parroquias de Camariñas

As sesións comezarán ás 22.00 horas e a primera será na Ponte do Porto o oito de xullo

Camariñas. O Concello de Camariñas programou un amplo cartel de noites de cine ao aire libre durante todo o verán, o cal chegará a todas as parroquias da localidade.

As citas coa pantalla xigante comezarán o venres 8 de xullo no paseo fluvial da Ponte do Porto. Todas as sesións serán a partir das 22.00 horas e está previsto que as pantallas se instalen no exterior en diferentes lugares pero, se chove, trasladaranse a espazos cubertos. Ademais, todos os asistentes recibirán flocos de millo gratuítos.

Abrirá o ciclo A casa da luz, o venres 8 de xullo no paseo fluvial (se chove no Centro Cultural) da Ponte do Porto. A seguinte cita será o 22 de xullo na Praza da Igrexa de Xaviña (en caso de choiva trasladarase ao Centro Cultural) coa proxección de Nocturna, unha aventura máxica.

A Santa Mariña chegará o día 23 de xullo, onde poderán ver Maimiño e o espello máxico. De aí a pantalla xigante viaxará á Praza da Igrexa de Camelle (se chove estará na Casa do Alemán) e neste caso a película elixida é Los Croods 2: una nueva era.

Padre no hay más que uno 2 é o filme que poderán ver quenes se acheguen o venres 5 de agosto á Praza do Mercado de Camariñas (se chove na Casa de Pedra). A capital municipal acollerá tamén a seguinte proxección: Onward. Será o venres 19 de agosto, no mesmo escenario. O ciclo de noites de cines chegará ao seu fin o venres 26 de agosto coa proxección de Trolls 2: gira mundial. A cita é na Praza da Praia de Arou, ou no centro da Estivada se chove. M. L.

26 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.