Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Nós somos elas’, a mostra de imaxes de mulleres da Costa da Morte

Recolle fotografías do arquivo de Vidal que se conserva no Museo do Mar de Laxe // Pode verse durante este mes no instituto de Baio

Zas. A mostra Nós somos Elas, promovida pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda foi inaugurada no IES Maximino Romero de Baio (Zas). O acto estivo presidido polo alcalde, Manuel Muíño, e a deputada provincial, María Muíño.

A exposición é unha montaxe de 24 fotografías que retratan mulleres da Costa da Morte pertencentes a distintos períodos cronolóxicos do século XX ata 1970. As fotos foron seleccionadas por recoller instantáneas protagonizadas por mulleres de todas as idades e polo seu rol antropolóxico de avoas, nais e fillas. Por seren o soporte dunha familia moitas veces esgazada en dous polo exilio e pola emigración forzosa. Nas súas facianas latexa a dureza dos tempos que lles tocou vivir.

Cada imaxe do pasado vese homenaxeada por versos de poetas galegas do presente; voces consagradas como a de Luz Pozo Garza -falecida hai xa máis dun ano-, Helena Villar Janeiro, Pilar Pallarés, Olga Patiño ou máis novas como Berta Dávila, Lucía Aldao, Rosalía Fernández Rial....

Os alumnos do IES poderán gozar desta pequena mostra das máis de 67.000 que compoñen o Arquivo Vidal, conservado no Museo do Mar de Laxe e así, pór en valor a fotografía como testemuña da historia e ferramenta esencial da nosa memoria. Realizarán un percorrido acompañado de actividades didácticas sobre o significado da composición das fotografías, a súa motivación e función e, sobre as voces poéticas que representan o futuro. J. M.

10 may 2021 / 18:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.