Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nova ruta polos Camiños Activos de Cee

A segunda camiñata organizada dende o Servizo de Deportes do Concello de Cee, dentro do programa Poñémonos en marcha cos camiños activos de Cee e coa loita contra o cancro, levou este sábado aos sendeiristas polo roteiro Cee - Toba. Participaron 45 persoas de idades comprendidas entre os 7 e os 75 anos.

Partiron do parque biosaudable e camiñaron polo paseo Alcalde Pepe Sánchez, O Son, A Granxa, Bazarra, Muíños de Toba, igrexa de San Adrián, Vilar de Toba, Xallas (cemiterio/estadio de futbol S. Paio Refoxos), Largarteira, rúa Río Ferrol, avenida Fernando Blanco, rúa Flor, rúa Pepe do Pocho, colexio Fernando Blanco, rúa Vázquez Queipo, rúa D´arriba, Pazo de Cotón, rúa Rosalía de Castro, rúa da Mariña e remataron no punto de partida, despois de completar un traxecto de 8 quilómetros.

A camiñata estivo controlada en todo momento por efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cee, e a Agrupación Local contra o Cancro puxo á venda camisetas e outro material para recadar fondos en prol da loita contra esta enfermidade.

18 jun 2022 / 19:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.