Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 19 septiembre 2021
10:58
h

Novas beirarrúas e unha baranda de seguridade na travesía de Lexas

Vimianzo. O Concello vimiancés asegura que xa están rematados os traballos de reposición de beirarrúas en ambas marxes da calzada, así como a construción dun muro e unha baranda en Lexas, para superar un desnivel de terreo e coincidente co límite de entrada neste núcleo. Esta intervención “era moi necesaria xa que un problema de filtracións da estrada provocaran un corremento de terras importante e con risco de desprendemento”, afirman.. A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, foi a encargada do levantamento dun muro de contención de 160 metros que garante a seguridade na marxe esquerda da vía, namentres que os traballos municipais, a través do equipo de albaneis do Concello, consistiron no cambio e limpeza das baldosas a ambas marxes da vía e a reposición da baranda da marxe esquerda.

Tamén se está levando a cabo a limpeza de todo este núcleo. O goberno local salienta e quere agradecer a “colaboración da Xunta” nunha intervención necesaria para este núcleo, e nunha vía na que circulan “moitos automóbiles e peóns ao longo do día”, a cal se atopaba en “mal estado”. Polo tanto, e tras a intervención, conséguese un dobre obxectivo: por unha banda, a optimización de seguridade para todas as persoas que circulan por esta estrada, tanto a pé como en vehículo a motor ou bicicletas, e por outra, unha mellora estética notoria.

03 jun 2021 / 17:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.