Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novas luminarias en Bermún e segunda fase do abastecemento a Pereiriña

O Concello de Cee tamén está acondicionando o pavimento do núcleo de Porcar

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, vén de formalizar a acta de replanteo do proxecto de aforro e eficiencia enerxética Bermún Igrexa e outros, por un importe de 127.816 €, cofinanciado ao 80% por fondos Feder.

Dito proxecto consiste no cambio de todas as luminarias a LED, a actualización dos centros de mando e a renovación do cableado nos lugares de Bermún Igrexa, Bermún Colexio, Pereira e as Travesas.

Ademais o concello de Cee ten en execución outras obras incluídas no POS+ 2021, como a segunda fase da traída de augas de Pereiriña, por un importe de 102.000 €, o que supón a instalación da rede de abastecemento de auga para que os veciños dos lugares de Bermún e San Xián poidan dispor do servizo de auga potable municipal.

Asemade, están a acometer a mellora no núcleo de Porcar por un importe de 102.000 €, consistente na renovación do pavimento do núcleo, a recollida de pluviais e a preinstalación (canalización, arquetas, etc) de auga e saneamento “de forma que nun futuro se poida completar a instalación”, afirma a rexedora.

07 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.