Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novo contrato vimiancés para a axuda no fogar

TERRA DE SONEIRA. O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) seguirá a prestarse “con total normalidade” no Concello de Vimianzo, segundo confirmou a alcaldesa, Mónica Rodríguez, logo da xuntanza mantida cos responsables da empresa adxudicataria. No encontro acordaron “rescindir de mutuo acordo o contrato, aínda que a empresa seguirá emprestando o servizo ata unha nova adxudicación”, afirmou.

Desde o Concello insisten en transmitir “total tranquilidade ás persoas usuarias, xa que nunca se deixará de emprestar este servizo. Tamén ao persoal que desenvolve esta actividade”, afirman. A rexedora lamenta, en primeiro termo, “a inquedanza que todo este proceso puidese provocar tanto nas persoas usarias como ás súas familias”, aínda que admite tamén “a oposición destrutiva por parte do grupo municipal Adiante Vimianzo, que nun servizo indispensable como SAF, xogou con números falsos para facer política da máis baixa”. Non vai permitir, engadiu, “que se xogue cos postos do persoal traballador, nin co benestar das familias de Vimianzo usuarias deste servizo”.

Desde o Concello tamén trasladan que a licitación, de man do goberno anterior, foi “por un número de horas inferior ao que se precisaba”. Concretamente, “fíxose por 2.900 horas e había unha necesidade de 4.500”. Sinalan asemade que, o Concello non é a entidade encargada de reducir nin ampliar horas, “é a Xunta de Galicia a que ten competencia neste aspecto”. conclúen.

20 oct 2020 / 18:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.