Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Batallón Literario celebrará o seu 25 aniversario no Parador de Muxía

O Parador de Turismo de Muxía acollerá o sábado, día 18 a partir das 18.00 horas, un recital poético para conmemorar os 25 anos do Batallón Literario de Costa da Morte, que se complementará cun concerto de Manoele de Felisa, que interpretará os temas do seu último traballo discográfico Cancioneiro do Camiño.

No acto participarán Marilar Aleixandre -membro da Real Academia Galega-, Miro Villar, Concha Blanco, Alexandre Nerium, Estevo Creus, Mónica Góñez, Serxio Iglesias, David Creus, Rafa Vilar e Modesto Fraga. A profesora e crítica literaria Teresa Seara encargarase de presentar o encontro, no que tamén participarán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín Garcia, e o director do Parador de Costa da Morte, Julio Castro.

Ademais da poesía e a música, presentaranse dúas importantes obras para conmemorar esta efemérida do Batallón Literario. Trátase da edición facsimilar de Feros Corvos e unha antoloxía poética dos autores que integran o colectivo. Ao final do acto, todos os asistentes recibirán un exemplar. A publicación correu a cargo da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

15 dic 2021 / 18:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.