Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O BNG de Cee volve solicitar axudas para deportistas e clubs municipais

O BNG de Cee volve solicitar axudas para deportistas e clubs municipais aproveitando que “por terceira vez no que vai de ano, vaise retocar o anexo de subvencións”, no que piden que se inclúan como beneficiarios a Elián Numa, Xiana Lago, Paty Túñez, Club Deportes de Contacto e o Club Deportivo Dafit.

O portavoz nacionalista, Serxio Domínguez, asegura que “nos últimos tempos vemos como deportistas ceenses veñen de acadar éxitos e resultados moi meritorios nas súas respectivas disciplinas, sempre en deportes minoritarios. Adestrar e competir son tarefas que supoñen, para os deportistas e as súas familias, viaxes contínuos fóra e dentro da Galiza, polo que desde as administracións debemos colaborar economicamente, como o facemos cos deportes máis practicados. Eses deportistas levan o nome de Cee por todo o país e iso debe ter a súa compensación”.

A este respecto lembra que o pasado sábado, unha competición de taekwondo no polideportivo municipal, organizada polo Club Deportes de Contacto, “enchía o pobo de xente chegada doutros puntos de Galiza”. Igualmente, engade, desde fai xa tempo tamén, o Club Deportivo Dafit move os e as súas deportistas polo país, competindo en disciplinas como o kick boxing. “Por isto, e vendo que a alcaldesa non quere negociar os orzamentos, nen acepta a nosa proposta, desde o BNG propoñemos que inclúa aos referidos deportistas e clubs no anexo de subvencións”, conclúe.

19 may 2022 / 16:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.