Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O BNG de Dumbría esixe ao Concello que cumpra a lei de Memoria Histórica

Denuncia que na antiga escola de Bustelo segue unha placa cun escudo franquista

O responsábel local do BNG en Dumbría, Xaime Trillo, denuncia que o Concello segue a incumprir a Lei de Memoria Histórica vixente. Nun acto simbólico, tapou a placa existente na antiga escola de Bustelo na que se pode ler “Plan Nacional de construcciones escolares 1959”, acompañando ao escudo franquista.

“A lei de memoria histórica é, como calquera outra, de obrigado cumprimento, polo que requerimos ao alcalde que a execute, que retire ese ou calquera outro vestixio existente nos edificios ou rúas do municipio”, declarou Xaime Trillo.

Lembra que o pasado ano, o concello homenaxeaba, no seu Ézaro natal, a Manuel Rodríguez Louro, Marrolas, da man da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. Marrolas foi un dos milleiros de represaliados pola dictadura franquista. Logo de pasar polo campo de concentración de Mauthausen,rematou a súa vida gaseado no castelo de Hartheim. “Desde o BNG valoramos moi positivamente o acto, pero é mais que evidente que choca de fronte co feito da non retirada de simboloxía franquista en Dumbría”, afirma.

10 may 2021 / 19:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.