O BNG pide análises de auga nas fontes de Cee
Demandan explicacións pola “mala calidade” do subministro na traída en días pasados
Os concelleiros do BNG de Cee, Serxio Domínguez e César Pérez, presentaron un escrito no Concello solicitando que se fagan análises periódicas das augas das fontes onde a veciñanza se serve acotío “para non ter que beber a que vén do embalse de Santa Uxía”. Piden que se publique a información en bandos no taboleiro de anuncios da casa do concello e nas redes sociais.
Demandan esas medidas ante a posibilidade de roturas en canalizacións e de filtracións non desexadas desde o antigo vertedoiro do monte de O Son.
Con respecto á auga da traída, aseguran tamén que en días pasados “era de malísima calidade, cunha turbidez e unha cór moi intensa, polo que desde o BNG imos trasladar esta queixa na vindeira reunión da Mancomunidade de Fisterra”.
Aseguran os edís nacionalistas que “non é un episodio puntual, se non que se repite todos os anos coas primeiras duiras, polo que se pode desprender fácilmente que se trata dun problema na captación do embalse e posterior tratamento na estación depuradora”. Por iso entenden que “hai que pedir explicacións e buscar solucións inmediatas”.