Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O comité de Xeal demanda a negociación dun novo plan de igualdade

Cee. Representantes dos traballadores de Xeal din que a a empresa non quere “nin negociar o convenio colectivo nin o plan de igualdade, e insiste na súa actitude intransixente e de total falta de vontade de diálogo”, afirman.

Aínda que xa está fóra dos prazos legais para ter aprobado un novo plan de igualdade, na mediación celebrada o pasado luns a instancias do comité “debido á parálise e ao bloqueo patronal neste proceso, a dirección negouse de maneira inexplicable a chegar a un acordo”.

E iso que o comité, engaden, co afán de avanzar na negociación do plan, “propuxo un novo prazo até o 31 de xaneiro de 2023 para entregar a documentación que ten obriga legal de presentar e máis tempo para contestar as alegacións que a representación social lle trasladou en abril”.

Aseguran que dende esa data non houbo máis avances na negociación do plan, polo que, “con esta actitude Xeal estase negando a cumprir coa lexislación vixente en materia de igualdade, incumprindo prazos, a achega de documentación precisa e sen dar participación ao comité para negociar os diagnósticos. De feito, a día de hoxe, a empresa non entregou nin a auditoría retributiva nin o sistema de valoración de postos de traballo”. A desidia, engaden, “reviste maior gravidade tendo en conta os casos de acoso laboral e sexual denunciados por traballadoras das fábricas que a empresa tentou primeiro ocultar e logo minimizar. Por este feitos un membro da dirección foi condenado por acoso, pero malia a sentenza aínda non se adoptaron medidas contra del ou, de tomarse algunha medida esta non foi comunicada á representación do persoal”

Din que “segue traballando no seu posto mentres que a vítima e as persoas que declararon no xuízo ao seu favor están fóra da empresa”. Nas achegas feitas en abril, o comité solicitou un protocolo de actuación contra os casos de acoso, tanto laboral como sexual, con identificación de condutas, medidas preventivas, e medidas cautelares, no caso de detectárense este tipo de situacións, así como

protección ás vítimas. “O que non pode ser é que a empresa actuara con total tibieza ante uns feitos tan graves e que agora pretenda eludir o precepto de legal de contar cun plan de igualdade”, sinalan.

25 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.