Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O comité de Xeal denuncia á empresa pola “falta reiterada de información”

O comité de Xeal presentou unha denuncia contra a empresa diante da Inspección de Traballo pola “falta reiterada de información á representación legal dos e das traballadoras”.

Lembran que o referido organismo xa emitira unha resolución en agosto pasado advertindo á compañía sobre a obrigatoriedade de cumprir co estabelecido no Estatuto das persoas traballadoras, mais a día de hoxe “continúa sen trasladar ningún tipo de información sobre a evolución e previsión das súas actividades, a produción e as vendas e o plan de produción. Esta falta de transparencia impídenos avaliar se a drástica caída da actividade produtiva se debe a cuestións de mercado, vén imposta polas obrigas contractuais adquiridas con FerroGlobe, ou se se trata dunha decisión empresarial intencionada, co obxectivo de afondar no deterioro e desmantelamento das fábricas de Cee e Dumbría”, afirman.

Paralelamente, os traballadores seguen adiante coas mobilizacións. Este xoves, día 20 de outubro, está convocada unha concentración diante da fábrica de Cee ás 17.15 horas. O xoves 27 de outubro volverán a manifestarse en Santiago ás 10.30 h. dende o edificio administrativo da Xunta en San Caetano até as oficinas de Aguas de Galiza. Ademais teñen convocada unha xornada de folga de 24 horas para o 17 de novembro “porque non imos parar até que se atendan as nosas reivindicacións, que son de total xustiza”, conclúen.

20 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.