Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 01 julio 2022
10:37
h

O comité de Xeal esixe un incremento dos empregos acorde coa produción eléctrica

Cee. O comité de Xeal presentou escrito de alegacións para que Augas de Galiza lle esixa á empresa un incremento do emprego no complexo enerxético-industrial na mesma proporción que o aumento do caudal de auga solicitado para subir a produción de electricidade. Deste xeito, afirman, “estaríase dando debido cumprimento á cláusula esencial das concesións, que vincula a produción de enerxía á produción de ferroaliaxes nas fábricas de Cee e Dumbría”.

Xeal formulou a solicitude á Augas de Galiza para que modifique a concesión administrativa do encoro de Santa Uxía, no río Xallas (Dumbría), para aumentar en 6,3 m³/s o caudal. Neste encoro están operativas dúas centrais hidroeléctricas cunha potencia, cada unha delas, de 49,072 Kw, “que agora empresa quere ampliar para sacar maior tallada do negocio eléctrico, nun momento ademais no que os prezos da enerxía están desbocados".

"Pero non hai que esquecer que o dereito de explotación das centrais da Costa da Morte ten unha condición esencial -e única no contexto dos aproveitamentos hidráulicos galegos-, que é a súa vinculación co mantemento do emprego nas fábricas de Cee e Dumbría”, lembran. M. L.

07 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.