Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O comité de Xeal solicita unha reunión urxente con Francisco Conde

Rexeitan o proxecto para construír unha estación de bombeo reversíbel en Mazaricos

O comité de Xeal solicitou unha reunión de urxencia ao vicepresidente segundo e conselleiro de Economía e Empresa, Francisco Conde, logo de coñecer que a empresa “pretende construír unha estación de bombeo reversíbel no monte da Ruña (Mazaricos) para ampliar o negocio enerxético, cando leva anos recortando a actividade nas fábricas de ferroaliaxes”, afirman.

Lembran que a empresa beneficiase dunhas concesións públicas para a xeración de enerxía hidroeléctrica que están ligadas á produción de ferroalixes nas fábricas de Cee e Dumbría e ao mantemento do emprego, pero din que “incumpre as condicións esenciais das concesións, reducindo de xeito progresivo a produción nas fábricas e destruíndo postos de traballo”. Por iso, entenden que “sería un grave desprezo a toda a comarca que a Xunta autorizara este proxecto para que Xeal gañe aínda máis cartos a conta de producir electricidade.”.

31 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.