Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Consello Consultivo decidirá se Alonso ten que devolver 46.000 €

A contía é o salario que o exalcade camariñán cobrou despois do fallo que o inhabilitou

Camariñas. O Consello Consultivo de Galicia decidirá si, tal e como reclaman dúas exconcelleiras do PP, o exalcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, terá que devolver ao Concello 46.000 euros, correspondentes aos salarios percibidos despois da sentenza que o inhabilitou en abril de 2017, ata que deixou o cargo en agosto de 2018.

As demandantes aseguran que a Lei Orgánica do Réxime Electoral “dispón que unha condena por delito de prevaricación é causa sobrevida de incompatibilidade”. Sinalan ademais que “tanto a secretaria como a interventora do Concello así o puxeron tamén de manifesto en diversos informes xurídicos e de reparo que o propio alcalde se encargaba de levantar”.

Por outra banda, din que Alonso “podería non ter dereito, nin sequera, ao salario por exclusividade xa que tamén viña exercendo de axente de seguros”, o que deu lugar a unha nova causa penal na que as dúas exconcelleiras do PP tamén exercen a acusación contra o exrexedor “e en defensa dos intereses do Concello”, afirman.

A alcaldesa, Sandra Ínsua, solicitou un informe á Universidade da Coruña, no que o profesor Carlos Aymerich discrepa de que Manuel Alonso teña que devolver os seus salarios. “Agora remitiremos todo ao Consello para que decida”, indicou a rexedora. J. m.

01 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.