Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O empresario Jesús Picallo encabezará a candidatura do PP á alcaldía de Cee

Asegura que o concello necesita de grandes proxectos que axuden a impulsar a comarca

Cee. Jesús Picallo Santos, vicepresidente do Clúster de Turismo de Galicia e xerente dos hoteis O Semáforo de Fisterra e Faro de Lariño (Carnota), será o candidato do PP á alcaldía de Cee nas eleccións municipais de 2023.

A presentación oficial farase nun acto que se celebrará na Casa da Cultura e ao que está previsto que asistan varios conselleiros e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, segundo confirmou o propio candidato.

A súa intención é rodearse dun equipo disposto a traballar para que “Cee volva a medrar, e para iso son necesarios grandes proxectos, e hai que lembrar que as princiapis inversións no noso concello sempre viñeron da man do PP”, afirma. “Sabemos o que necesita Cee”, engade, e confía en contar co respaldo da Xunta de Galicia para poder facer realidade esas iniciativas que proxectan.

Picallo asegura que a súa intención “non é enfrontarme con ningúen, senón que, de chegar a alcaldía, buscarei a colaboración e traballarei pensando en Cee, pero tamén na comarca”. A este respecto sinala que esa é a mentalidade coa que vén traballando desde o sector turístico, tanto no Clúster como na Asociación Solpor, “e ese traballo está á contribuír á promoción do destino Costa da Morte”.

Unha estratexia con visión comarcal que agarda poder desenvolver se chega a asumir o goberno ceense. Sinala que confomará unha candidatura na que “tan importante será o número catorce como o número un” porque creo no labor de equipo”. J. M.

25 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.