Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Mar na Escola quere alongar a súa singladura no vindeiro curso escolar

DUMBRÍA. Seis concellos, trece centros educativos e 309 escolares pecharon o programa O Mar na Escola 2022 que, dende marzo a xuño, conxugou a formación teórica en terra sobre o medio mariño e a acuicultura con saídas ao mar para adentrar aos nenos e nenas no mundo da navegación. Noemí Bermúdez, coordinadora do proxecto, plantexou aos participantes e patrocinadores que estuden a posibilidade de alongar a singladura desta iniciativa educativa. “Nos gustaría crecer en meses y empezar ya en febrero, lo que permitiría hacer más sesiones de mar y, de esta forma los niños y niñas ganarían en autonomía”, afirmou.

No acto de clausura, celebrado en Dumbría, tamén se fixo entrega de un premio a Lara Arias Lema, gañadora do IV Concurso de Debuxo Stolt Sea Farm. A súa creatividade permitirá ademais aos seus compañeiros de clase, do CEIP Santa Eulalia dumbriés, visitar unha das piscifactorías de cultivo de rodaballo de Stolt

Entre os asistentes ao acto estaban a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, e os seus homólogos de Carnota, Juan Manuel Saborido; Fisterra, José Marcote; e Dumbría, José Manuel Pequeño; o presidente del Club Marítimo Carrumeiro, Félix Quintero; e Manuela Gómez, Marketin & Business Development Manager, en representación de Stolt Sea Farm.

O rexedor anfitrión, José Manuel Pequeño, avogou por “darlle continuidade a esta iniciativa para que estes nenos e nenas poidan seguir navegando”, ao marxe da súa formación e participación no Mar na Escola, e apelou, unha vez máis, a ampliar a colaboración entre concellos.

Pola súa banda, o alcalde fisterrán, José Marcote, aproveitou o acto para reivindicar “infraestruturas que faciliten a saída ao mar, porque a Costa da Morte neste eido está olvidada”. Afirmou que “Portos de Galicia ten unha asignatura pendente”, e criticou que “por favorecer que a xuventude faga deporte nos están cobrando, e non se pode facer negocio con esto”.

16 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.