Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O PP de Cee di que o local da oficina de emprego debería habilitala o Concello

Cualifican de “espectáculo” a rolda de prensa da alcaldesa para demandar explicacións do cambio de decisión da Xunta

Cee. O Partido Popular de Cee, en resposta as peticións da alcaldesa, Margarita Lamela, para que o seu candidato, Jesús Picallo, dé explicacións polo cambio de decisión da Xunta respecto ao local para a nova oficina de emprego, denuncia a actitude do equipo de goberno socialista e da rexedora, á que lle piden “a lealdade e responsabilidade que tivo o PP durante os seus anos de goberno, onde sempre actuamos pensando no benestar de Cee e non en conseguir réditos políticos partidista que perxudiquen aos veciños”.

A polémica naceu a raíz da decisión da Xunta de desistir da rehabilitación da antiga casa consistorial, que xa lle foi cedida polo Concello, para optar pola compra dun novo local no que reubicar a oficina de emprego da localidade.

Os populares cualifican de “espectáculo político” a rolda de prensa da alcaldesa, e din que “non deixa de sorprender” que a socialista pida explicacións ao respecto “cando tería que ser ela quen dera explicacións de por que o goberno de Cee non levou a cabo as obras de rehabilitación do local que o Concello ofrecera”. Aseguran que “esto motivou que, de non actuar a Xunta, se perderían os 1,5 millóns de euros destinados a este tipo de actuacións”.

Para o PP ceense, “o verdadeiramente lamentable é que, unha xornada de festa para Cee”, como consideran que foi a visita á vila da conselleira de Infraestruturas, “a alcaldesa se dedicase a contaminar a vida política con acusacións a un partido que só ten culpa dunha cousa: ser leal aos ceenses”. A rexedora, engaden, “cre que montar un espectáculo mediático é unha boa idea, pero o PP non comparte esa idea. Cremos que en política non todo vale e, se as palabras da señora Lamela deixan algo claro, é que Cee hoxe ten que sanear a súa ría, si, pero tamén lle fai falta sanear algunhas formas de facer política”, conclúen. M. L.

20 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.