Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O PP muxián denuncia os problemas de abastecemento no medio rural

O alcalde afirma que se trata de redes veciñais e que o obxectivo é estender a municipial

Muxía. A portavoz do PP de Muxía, Sandra Vilela, denuncia problemas co abastecemento en varios puntos do rural, como Viseo, Praia de Nemiña e outros lugares como Bardullas ou Cibrán.

Achaca esta situación “á improvisación e falta de interese por parte do executivo local”. Lembra que no último pleno “votamos a favor dunha partida para a compra de auga con cargo ao remanente de Tesourería do Concello, e tamén se reflexaba nos orzamentos deste ano 2022”.

Polo tanto, según engade, “isto non debería estar pasando salvo por falta de xestión desta problemática”, apunta Vilela. Por iso califica de “inadminisible” que no ano 2022 “nin siquera lle deamos auga ós veciños e veciñas, cando é un servizo básico”.

Pola súa banda, o alcalde, Iago Toba, asegura que as carencias denunciadas polo PP “son nas traídas veciñais e, a pesares diso, o Concello está ofrecendo soporte para que os propios veciños poidan facer as melloras que precisen as súas instalacións”.

Sinala ademais que para o seu goberno “é unha prioridade” seguir estendendo a rede municipal para poder garantir o subministro “a todos os veciños, tal e como fixemos xa en Morpeguite e Pasantes”.

Engade que “hai que lembrar que o PP chegou a votar en contra deses proxectos dúas veces, polo que é unha indecencia política estar reclamando algo ao que se opoñen” e apela á responsabilidade veciñal, “pois cónstanos que nalgúns deses lugares hai xente que está facendo un mal uso da auga”, dixo. J. M.

27 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.