Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O saltón Saltarín gozou dun serán cos rapaces de Lires

Cee. A mestra e escritora ceense Guadalupe Vázquez achegouse ata a escola de Lires para presentarlles aos nenos e nenas da parroquia de Lires o seu libro Voa, Saltarín, ata a fin da Terra! Fly, little Grasshopper, to the end of the World!, un dos tres contos bilingües (galego-inglés) que xa ten publicados. Son libros pensados para que os pequenos aprendan a través do xogo e o movemento, ao tempo que “canalizan altos niveis de enerxía de maneira positiva, traballando tamén as emocións”, afirma ó respecto a autora.

Así o fixo a rapazada de Lires. Todos os presentes participaron activamente no acto, que tivo unha excelente acollida. O saltón Saltarín fixo que as nenas e nenos o imitasen choutando, correndo e bailando guiados polo protagonista do mencionado conto e da súa creadora.

Guadalupe agradece á Asociación Cultural Pedras Miúdas e “de xeito especial, a Serxio Domínguez, a súa colaboración na organización do encontro”. M. L.

22 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.