Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obradoiro artístico de formigas no Museo Man de Camelle

Paralelamente desenvolverase a exposición ‘Ants, Treballadores’ de creadores das Baleares

O Museo Man de Camelle organizará o 25 de abril un obradoiro artístico titulado ‘Formigas’, que se levará a cabo paralelamente á visita da exposición Ants, Treballadores, unha mostra prevista para finais do mes que foi realizada por artistas baleares en homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras e que está a percorrer o territorio nacional.

No taller cada persoa participante con inquietudes artísticas poderá intervir e transformar durante catro horas a súa propia formiga de ferro, que despois será presentada xunto á exposición. A organización proporcionaralles unha figura de 18 ou 25 centímentros e tamén se lles dará pintura. Se desexan empregar outros materiais ou programan outro tipo de transformación deben traelos xunto coas ferramentas necesarias.

Para asistir é necesario reservar praza antes do 19 de abril enviando un correo electrónico a museodoman@camarinas.net ou chamando ao teléfono 981 710 224. Os matriculados deberán pagar unha taxa de 10 euros.

08 abr 2021 / 18:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.