Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obradoiros de empoderamento para as mulleres na vila da Barca

Muxía. O Concello de Muxía organiza, para os meses de outubro e novembro, diferentes obradoiros de empoderamento para mulleres. O prazo de inscrición estará aberto ata o día once de outubro e as persoas interesadas poderán anotarse chamando ao número 981 708 595 do Centro de Información á Muller.

As actividades darán comezo o xoves, 14 de outubro, e levaranse a cabo en horario de 10.30 a 12.00 horas no edificio de servizos múltiples.

Os obxectivos dos obradorios son fortalecer o autoconcepto e a autoestima, xestionar os niveis de estrés e ansiedade e reforzar o autocoñecemento para aceptarse e recuperarse. Tamén se tratará como aprender técnicas de relaxación e meditación para enfrontarse ós retos diarios, traballo, estudo, maternidade, parella, soidade, sociedade, etc.

A programación dividirase en catro bloques; no do día 14 aprenderase a xestionar a autoestima; no do 21, o recoñecemento; no do 28, o estrés; e no do 4 de novembro, a ansiedade.

Dende a organización de ditas actividades recomendan que, para o bo desenvolvemento das sesións, todas as persoas asistentes acudan con roupa cómoda, manta, esterilla, coxín e cepillo de pelo. M. L.

07 oct 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.