Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obradoiros de igualdade e masculinidades no IES Maximino Romero de Baio

BAio. O IES Maximino Romero de Lema puxo o broche as actos arredor do 25N cuns obradoiros impartidos por David Kaplún Medina, antropólogo, formador e investigador en Xénero, Violencia e Diversidade. O alumnado de 4º da ESO participou no taller Non me contes películas e os de 1º e 2º de FPB e 1º de Bacharelato no de Masculinidades e Igualdade. En ambos, o relator estableceu un espazo para a interacción cos e coas participantes nas que se formulaban cuestións, dúbidas e reflexións para que sexan capaces de asumir filtros críticos que lles permitan distinguir os elementos de masculinidade que se nos inculcan dende pequenos.

Kaplún explicou a importancia de tomar conciencia da necesidade dunha maneira de educar e ensinar a nenos e nenas sen incidir en roles diferenciados e marcados por prexuízos e ideas estereotipadas dos sexos (bonecas, moda, maquillaxe...: nenas; fútbol, play, coches....: nenos.) nas que se fortalecen a competitividade, a represión emocional e a dominación nos rapaces. Polo contrario, as rapazas sociabilízanse na submisión (boas nais, boas amantes, coidadoras...), na empatía, na importancia do aspecto e na inseguridade.

Na segunda parte da súa intervención centrouse na sexualidade de hoxe en día, influída por condutas que se esperan de cada xénero; unha educación sexual falta do afecto e aprendida a través do porno fundamentalmente, o que leva a unha naturalización da violencia, tamén neste ámbito.

No IES Maximino Romero teñen claro que “debemos renunciar a converter a escola nun espello desta sociedade competitiva, desigual e patriarcal que impregna todo con normas violentas de dominio (eles) e submisión (elas) como xeito normalizado de asumir as relacións humanas. A docencia de hoxe debe educar en igualdade para non perpetuar roles absurdos, de relacións de dominación home-muller que con tanto esforzo intentamos eliminar, e para facilitar ferramentas para un pensamento crítico e unha convivencia xusta”.

22 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.