Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obras de asfaltado polas dezaséis parroquias de Zas

Aproveitando a chegada do bo tempo, o Concello de Zas puxo en marcha o Plan de Mellora de Estradas Municipais que chegará ás 16 parroquias. Os traballos consisten no asfaltado de máis de trinta quilómetros da rede viaria municipal. Trátase de estradas de diferentes anchos e lonxitudes e que, por especificacións técnicas, houbo que agardar ao bo tempo para executar as obras. “Manter en bo estado unha rede de comunicación tan estensa é todo un reto para un municipio con menos de 5.000 habitantes. Sobre todo debido á gran cantidade de quilómetros que a forman e aos danos que provocan os sucesivos temporais que rexistramos todos os invernos”, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. Espasandín. Ante esta situación e co fin de mellorar a seguridade da veciñanza, o equipo de goberno decidiu destinar unha parte dos recursos económicos municipais a reparar as vías máis afectadas e que, polo tanto, necesitaban dunha actuación urxente.

04 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.