Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Buscan alternativas para evitar o peche dos secadoiros de congro de Muxía

Muxía. A portavoz do grupo municipal do PP de Muxía, Sandra Vilela, celebra “o empeño e o traballo” que a Xuntaestá a levar a cabo para evitar o peche do secadoiro de congro da vila da Barca.

Asegura que nos últimos días o xerente da instalación, Miguel Díz, reuniuse co delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e representantes das consellerías de Sanidade e do Mar, na que se puxeron sobre a mesa “unha serie de medidas sanitarias que a empresa debe seguir para adaptarse ás esixencias que establece a normativa europea e así poder continuar coa súa actividade. A Xunta deixou claro desde o primeiro momento que fará todo o posible para evitar que o secadoiro teña que parar a súa actividade”.

Vilela puxo como exemplo deste empeño o feito de que, “desde o primeiro momento, representantes do Goberno galego puxéronse en contacto cos responsables da empresa para buscar solucións”. Ademais, engade, a Xunta “ofreceu as diferentes liñas de axudas económicas que o executivo galego pon á disposición da empresa para adaptarse ás esixencias marcadas pola normativa europea. “O obxectivo non é só asesorar, senón ofrecer recursos económicos para desatascar un problema que pon en perigo a continuidade dunha actividade que vai moito máis alá do económico”, dixo a popular.

Analizar o produto

Por outra banda, durante o encontro, e á espera de que emenden os problemas existentes que impide a normal actividade do secadoiro, a Xunta comprometeuse a realizar unha análise que determine si o xénero que hai na actualidade cumpre os requisitos sanitarios para a súa venda.

“Hai que tentar buscar unha solución para as partidas que están inmobilizadas neste momento. A Consellería de Sanidade procederá nos próximos días a facer unha análise que determine si ese produto pode venderse e, desta forma, non prexudicar economicamente á familia propietaria”, explicou Vilela.

Por último, a popular aproveitou para incidir en que tanto desde a súa formación como desde o Goberno Autonómico sempre se tratou de salvagardar o futuro dunha actividade que conta, dixo Vilela, cunha “arrigo especial en Muxía” e que forma parte da “cultura local”.

03 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Mar
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.