Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Oleiros por un día na Mostra de Artesanía do castelo vimiancés

Vimianzo. O castelo de Vimianzo acolleu un novo obradoiro de artesanía, no que nenos e maiores puideron aprender a moldear o barro da man dos oleiros de Buño que participan na Mostra en Vivo da capital de Soneira.

Foi o segundo dos talleres programados para este verán. A seguinte cita será o sábado, día 17, a partir das 11.00 horas, e os participantes aprenderán a facer maquetas de barcos e tamén nasas guiados polo artesán Chema Suárez. O día 24, monitores de Aspadex ensinarán a encadernar e coser en coiro, e o día 31 as encaixeiras da Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas farán o propio, a partir das 17.00 horas.

En agosto continuarán os obradoiros. O día 7, Esther Ferreiro ensinará a facer contas de vidro a soplete, e unha semana despois as artesáns da Asociación O Santiaguiño, de Carreira, desvelarán as técnicas do tecido do liño. O 21 e o 28 de agosto, haberá talleres de barro e confección de liño, respectivamente. J. M. RAMOS

12 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.