Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Once espectáculos teatrais e de danza para animar o outono en Vimianzo

Vimianzo. O outono trae a Vimianzo con once espectáculos cofinanciados pola Rede Cultural da Deputación da Coruña e a Rede Galega de Teatros e Auditorios Agadic da Xunta. Ata a capital de Soneira achegaranse actores e actrices da talla de David Amor, Susana Dans, Evaristo Calvo, Patricia Vázquez, Miguel Pernas,Toño Casais, Tamara Canosa e Artur Trillo, entre outras figuras do teatro galego, e a directores como Cándido Pazó, Quico Cadaval, Eduardo Alonso ou Gonçalo Guerreiro.

A programación arrincará o 2 de outubro, co espectáculo teatral Soga e Cinsa a cargo de Aporía Escénica. O día 9 Talía Teatro leva a escena A parábola do angazo, unha comedia dirixida por Diego Rey. Unha semana despois, o día 16 será́ a quenda da compañía Elefante Elegante coa obra Dreaming Juliet. O día 23 Quico Cadaval presentará o Complexo de Edipo, e Contraproducións pechará o mes, o día 30, con Cigarreiras.

En novembro pasarán por Vimianzo Teatro da Ramboia con O meu mundo non é deste reino (día 6); Teatro do Noroeste coa comedia Gloria Nacional (día 13); Tarabela Creativa con Costureiras (día 20); e David Amor con Love está en el aire (día 27). En en decembro, o día 4, Xa Universos de Movemento achega o proxecto artístico de danza Pioneras, e o día 11 Producións Teatráis Excéntricas trae a súa última montaxe Estrela do Día, unha comedia divina, chea de cor, de música, de misterio e de humor.

As representacións deste outono cultural ,destinadas a adultos serán os sábados ás 20.30 horas e a billeteira abre unha hora antes do inicio do espectáculo. Nesta tempada como novidade a venda anticipada será a través de www.woutick.es (gastos de xestión incluídos) ou na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Porase á venda tamén un bono para os 10 espectáculos (non inclúe espectáculo de David Amor) por 37,50 € e haberá descontos para maiores de 65 anos e para estudantes acreditados. O prezo da entrada é de 5 euros (reducida 2,50 euros), agás o espectáculo de David Amor ten un prezo de 10 euros (venda en www.ataquilla.com). Para o acceso ao auditorio deberá cumprirse o itinerario seguro e a obrigatoriedade de máscara sanitaria.

O outono cultural foi presentado pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, quen amosou o seu convencemento de que “este programa tan brillante atraerá a xente doutros concellos e mesmo das cidades, co que gañará a nosa hotalería e o propio concello”. A concelleira de Benestar Social, María José Pose, e a técnica de Cultura, Nieves Lema, destacaron tamén a “diversidade” das propostas nas que ademais está moi presente a “perspectiva de igualdade”.

22 sep 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.